PARA COÑECERME MELLOR
Bos días. O meu nome é Brais Díaz Legide e actualmente estou cursando 4º E.S.O. (A) no grupo de aplicadas.
O meu instituto é o I.E.S. Terra de Trasancos, situado en Narón, un municipio situado en A Coruña, Galicia. Xusto á veira de Ferrol. A súa superficie de 66,91 km² se extende rodeando o val formado pola desembocadura do río Xubia. Está limitado polo océano Atlántico e polos municipios de Ferrol, Neda, San Sadurniño e Valdoviño. A zona da costa norte é alta e abrupta, formada polos acantilados. A
zona sur está situada dentro da ría de Ferrol, onde desemboca o río Xubia,
que atravesa o municipio. Estas características son as que fan que
só dispoña de tres pequenas praias, entre elas O Casal, unha cala de
difícil acceso.Un lugar maravilloso feito para visitar.