martes, 20 de noviembre de 2018

"BBC" será a fusión de dous negocios: un restaurante de comida vexetariana e unha librería respectivamente.
Estaría situado na Carretera de Castilla.
O negocio constaría de dúas partes, nunha se situaría o restaurante, no que soamente serviríanse pratos de comida vexetariana, Este constaría de confortables sillóns nos que poder sentarse para disfrutar do xantar, posibilidade de elexir varios clásicos de música para que soen no restaurante. Fontes, luz baixa e confortable que daralle a posibilidade aos clientes de disfrutar tranquilos da súa hora de comer.
A segunda parte constaría dunha libraría na que se recollerían libros de todo tipo e unha parte con sillóns e mesas que serviría de biblioteca para estudar ou aprovechar para ler un libro da nosa libraría.

viernes, 9 de noviembre de 2018

TIPOS DE EMPRESAS


A nosa empresa ten que ser de resposabilidade limitada, con tres socios e un capital social de entre 3.000 euros e 59.999 euros. Así que unha das opcións que teño é:


Tipo de empresa nºsocios Capital Responsabilidade
Sociedade de responsabilidade limitada min.1 Min.3.000 euros Limitada ao capital aportado na sociedade

NORMATIVA
- Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital. - Real Decreto 421/2015, do 29 de maio, polo que se regulan os modelos de estatutos-tipo e de escritura pública estandarizados das sociedades de responsabilidade limitada, apróbase modelo de estatutos-tipo, regúlase a Axenda Electrónica Notarial e a Bolsa de denominacións sociais con reserva. - Orde JUS/1840/2015, pola que se aproba o modelo de escritura pública en formato estandarizado e campos codificados das sociedades de responsabilidade limitada, así como a relación de actividades que poden formar parte do obxecto social. - Real Decreto-lei 13/2010, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego. Lei 14/2013 de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.


CARACTERÍSTICAS

- É unha sociedade de capital, calquera que sexa a natureza do seu obxecto, con carácter mercantil e personalidade xurídica propia.
- Dúas formas de constitución: telemática e presencial.
Denominación social:
Libre, debendo figurar necesariamente a indicación 'Sociedade de Responsabilidade Limitada', 'Sociedade Limitada' ou as súas abreviaturas ' S. R. L.' ou ' S. L.'
- A denominación social deberá obterse a través do Rexistro Mercantil; non se poderá adoptar unha denominación idéntica á dunha sociedade xa existente.
Teñen que levar un Libro de inventarios e Contas anuais, un Diario (rexistro diario das operacións) e un Libro de actas que recollerá todos os acordos tomados polas Xuntas Xerais e Especiais e os demais órganos colexiados da sociedade.

- Tamén levará un Libro rexistro de socios, no que se farán constar a titularidade orixinaria e as transmisións das participacións sociais.