TIPOS DE EMPRESAS
A
nosa empresa ten que ser de resposabilidade limitada, con tres socios
e un capital social de entre 3.000 euros e 59.999 euros. Así que
unha das opcións que teño é:
| Tipo de empresa | nºsocios | Capital | Responsabilidade |
| Sociedade de responsabilidade limitada | min.1 | Min.3.000 euros | Limitada ao capital aportado na sociedade |
NORMATIVA
-
Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o texto refundido
da Lei de Sociedades de Capital. - Real Decreto 421/2015, do 29 de
maio, polo que se regulan os modelos de estatutos-tipo e de escritura
pública estandarizados das sociedades de responsabilidade limitada,
apróbase modelo de estatutos-tipo, regúlase a Axenda Electrónica
Notarial e a Bolsa de denominacións sociais con reserva. -
Orde JUS/1840/2015,
pola que se aproba o modelo de escritura pública en formato
estandarizado e campos codificados das sociedades de responsabilidade
limitada, así como a relación de actividades que poden formar parte
do obxecto social. - Real Decreto-lei 13/2010, de actuacións no
ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para
fomentar o investimento e a creación de emprego. Lei 14/2013 de
apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.
CARACTERÍSTICAS
-
É unha sociedade de capital, calquera que sexa a natureza do seu
obxecto, con carácter mercantil e personalidade xurídica propia.
-
Dúas formas de constitución: telemática e presencial.
Denominación
social:
Libre,
debendo figurar necesariamente a indicación 'Sociedade de
Responsabilidade Limitada', 'Sociedade Limitada' ou as súas
abreviaturas ' S. R. L.' ou ' S. L.'
-
A denominación social deberá obterse a través do Rexistro
Mercantil; non se poderá adoptar unha denominación idéntica á
dunha sociedade xa existente.
Teñen
que levar un Libro de inventarios e Contas anuais, un Diario
(rexistro diario das operacións) e un Libro de actas que recollerá
todos os acordos tomados polas Xuntas Xerais e Especiais e os demais
órganos colexiados da sociedade.
-
Tamén levará un Libro rexistro de socios, no que se farán constar
a titularidade orixinaria e as transmisións das participacións
sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario