viernes, 19 de octubre de 2018

BINTA

Binta é un documental que trata dunha nena (Binta) senegalesa que durante todo o video nos enseña a cultura do seu pobo.

Ela vive nunha cultura de mentalidade bastante antigua, e os homes en ocasións non permiten que as súas fillas teñan unha educación escolar. Este non é o caso de Binta pero si é o caso de Soda; unha nena que desexa ser algo nun futuro, que se ve obligada a quedarse na casa por culpa dun pai autoritario que non lle permite ser libre.

Pero todo isto cambiou un día que este se viu presionado por case todo o pobo. Estaban facendo unha representación teatral e a nena tras sentirse identificada co que se estaba contando na obra comezou a chorar e contou diante dun gran número de persoas o que lle pasaba e
a presión á que estaba sendo sometida. Tras todo esto o seu pai  finalmente reflexionou.
Binta é unha nena bastante aplicada, por iso xa sabe escribir a pesar da súa corta idade, e todo isto serviulle ó seu pai para escribir unha carta moi importante.

Unha carta na que este conta que quere adoptar un neno branco xa rechazado con anterioridade para que este poda vivir no pobo e apreciar a forma e a cultura na que eles viven a vida. Este leva a carta a dúas persoas de poder, pero non sirve de nada xa que estes non teñen o poder para realizar esta adopción e termina falando co gobernador.

Este último lee a carta e se emociona debido á forma de argumentar porque ese neno Tabub ten que ser adoptado. Finalmente o convence e ese neno pode ter un futuro nunha cultura diferente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario